INTERPRETACIÓN

María Reimóndez é licenciada en Tradución e Interpretación polas linguas galego, inglés e alemán. Conta con coñecementos pasivos de francés e de portugués. Tamén é tradutora e intérprete xurada inglés <>galego.

Podes escoitar algunhas das súas interpretacións aquí:

Interpretación consecutiva na conferencia da xornalista Alexa O’Brien en Vigo en 2014 (inglés-galego-inglés)

 

Conferencia do Profesor e escritor David Chariandy. “Specters of the Elsewhere Past” (interpretación ao galego)

Conferencia da Dra. N. Manimekalai “Dimensions of Gender Inequality” (interpretación ao galego)

 

FORMACIÓN

2003 Curso de especialización en interpretación con alemán como lingua B (Deutsch für KonferenzdolmetscherInnen) (60 horas) na Universität Mainz.

2002 Curso de especialización en interpretación con alemán como lingua B (Deutsch für KonferenzdolmetscherInnen) (60 horas) na Universität Mainz.

2001 Curso de verán en Tradución e Interpretación (alemán) na Universität Mainz (112 horas).

1999 DEA (Diploma de Estudos Avanzados): A tradución de textos feministas e poscoloniais: unha achega empírica á ideoloxía.

1993-1997 Licenciatura en Tradución e Interpretación (Universidade de Vigo): Galego, inglés e alemán.

EXPERIENCIA LABORAL

  • Intérprete e tradutora freelance desde 1997.
  • 2000-2003 Profesora de interpretación na Universidade de Vigo: interpretación consecutiva EN<>GL e interpretación simultánea EN<>SP de congresos científico-técnicos.

  • Fundadora da Asociación Galega de Profesionais da Tradución e da Interpretación (AGPTI) www.agpti.org

Áreas de experiencia

A continuación preséntanse só algúns exemplos de áreas de experiencia (lista non exhaustiva).

Industria agroalimentaria e produción animal

Produción de ovino e caprino; produción láctea e queixeira, procesamento lácteo, fermentación, produción de porcino, política agrícola…

Pesca e acuicultura

Política Pesqueira Común, reservas mariñas, patoloxías de peixes de acuicultura mediterránea, Fondo Europeo da Pesca…

Medicina e farmacia

Coloproctoloxía, electromedicina, terapia asertiva comunitaria, psiquiatría, medicamentos antipsicóticos, ESRA (anestesioloxía rexional), cirurxía da obesidade, artroplastia de xeonllo, ácido e cáncer, demencia, oftalmoloxía (órbita, retina), odontoloxía, oncoloxía…

Tradución e interpretación técnica

Maquinaria, automóbil,curso de xestión de turbinas, produción de lousa, construción naval…

Xestión empresarial

Coaching (intérprete da Escola Galega de Coaching), liderado, desenvolvemento de unidades de negocio, reunións de vendas…

Psicoloxía e adestramento canino

Tradutora e intérprete habitual para a editorial KNS (adestramento con clicker, ansiedade por separación, agresividade, etc)

Medios

Entrevistas en directo para TVG , Canal Sur; Tradución de subtítulos de Linatakalam, A Mariñeira; tradutora do festival Cortocircuíto…

Dereito, seguridade social e sindicatos

Tradución xurada de informes, certificados, etc. Intérprete xurada nos tribunais e policía

Proxectos e iniciativas europeas

Capture, URBAN, Red E-Cons, Deloa EQUAL, Leonardo da Vinci, PAGUS

Internet

Tradución de páxinas web e solicitudes de dominios

Arte

Tradutora de catálogos para o CGAC (Santiago de Compostela)

Intérprete na LABoral (Gijón)

Literatura

Véxase lista de obras traducidas

Intérprete acompañante

David Trimble, Betty Williams, Michael Douglas, Paul Cayard…