TRADUCIÓN

María Reimóndez é licenciada en Tradución e Interpretación polas linguas galego, inglés e alemán. Conta con coñecementos pasivos de francés e de portugués. Tamén é tradutora e intérprete xurada inglés <>galego. María Reimóndez traballa habitualmente como tradutora de textos técnicos e científicos, se ben a parte máis visible deste traballo son as súas obras publicadas, a maioría de carácter literario.

FORMACIÓN

2014 Curso de Tradución Veterinaria de AULA SIC.

2001 Curso de verán en Tradución e Interpretación (alemán) na Universität Mainz (112 horas).

1999 DEA (Diploma de Estudos Avanzados): A tradución de textos feministas e poscoloniais: unha achega empírica á ideoloxía.

1993-1997 Licenciatura en Tradución e Interpretación (Universidade de Vigo): Galego, inglés e alemán.

EXPERIENCIA LABORAL

  • Intérprete e tradutora freelance desde 1997.
  • 2000-2003 Profesora de interpretación na Universidade de Vigo: interpretación consecutiva EN<>GL e interpretación simultánea EN<>SP de congresos científico-técnicos.

  • Fundadora da Asociación Galega de Profesionais da Tradución e da Interpretación (AGPTI) www.agpti.org

Áreas de experiencia

A continuación preséntanse só algúns exemplos de áreas de experiencia (lista non exhaustiva).

Industria agroalimentaria e produción animal

Produción de ovino e caprino; produción láctea e queixeira, procesamento lácteo, fermentación, produción de porcino, política agrícola…

Pesca e acuicultura

Política Pesqueira Común, reservas mariñas, patoloxías de peixes de acuicultura mediterránea, Fondo Europeo da Pesca…

Medicina e farmacia

Coloproctoloxía, electromedicina, terapia asertiva comunitaria, psiquiatría, medicamentos antipsicóticos, ESRA (anestesioloxía rexional), cirurxía da obesidade, artroplastia de xeonllo, ácido e cáncer, demencia, oftalmoloxía (órbita, retina), odontoloxía, oncoloxía…

Tradución e interpretación técnica

Maquinaria, automóbil,curso de xestión de turbinas, produción de lousa, construción naval…

Xestión empresarial

Coaching (intérprete da Escola Galega de Coaching), liderado, desenvolvemento de unidades de negocio, reunións de vendas…

Psicoloxía e adestramento canino

Tradutora e intérprete habitual para a editorial KNS (adestramento con clicker, ansiedade por separación, agresividade, etc)

Medios

Entrevistas en directo para TVG , Canal Sur; Tradución de subtítulos de Linatakalam, A Mariñeira; tradutora do festival Cortocircuíto…

Dereito, seguridade social e sindicatos

Tradución xurada de informes, certificados, etc. Intérprete xurada nos tribunais e policía

Proxectos e iniciativas europeas

Capture, URBAN, Red E-Cons, Deloa EQUAL, Leonardo da Vinci, PAGUS

Internet

Tradución de páxinas web e solicitudes de dominios

Arte

Tradutora de catálogos para o CGAC (Santiago de Compostela)

Intérprete na LABoral (Gijón)

Literatura

Véxase lista de obras traducidas

Intérprete acompañante

David Trimble, Betty Williams, Michael Douglas, Paul Cayard…

 

 

En 2009 recibe o Premio Plácido Castro de Tradución pola obra “A historia de Mary Prince“.

Algunhas das obras que traduciu doutras linguas:

>> Do inglés ao galego:

  • Despois da medianoite, de Salma (Xerais, 2011)
  • A historia de Mary Prince, de Mary Prince (Biblioteca virtual de literatura universal en galego, 2010). Premio Plácido Castro de tradución 2009.
  • O soño da sultana, de Rokeya Sakhawat Hussain (Biblioteca virtual de literatura universal en galego, 2010)
  • Ionqui, de Melvin Burgess (Xerais, 2010)
  • A idade da auga, de James Salter (Xerais, 2008. Tradución: VVAA)
  • Teatriños ou aturuxos calados, de Erín Moure (Galaxia, 2007)
  • As cousas de Berta, de Roger Collinson (Xerais, 2002)
  • Ra e lebre, de Max Velthuijs (Xerais, 2000)
  • Ra e rata, de Max Velthuijs (Xerais, 2000)
  • Ra e pato, de Max Velthuijs (Xerais, 1999)
  • Ra e porco, de Max Velthuijs (Xerais, 1999)
  • Entre o costume e a ruptura, de Rachna Mara, (Xerais, 1998)
  • Mitos e lendas hindús (Edicións Positivas)

>> Do alemán ao galego:

  • O coche de carreiras, de Helme Heine (Xerais, 2003)
  • Os tres amigos, de Helme Heine (Xerais, 2002)
  • ¡Boas noites!, de Rotraut Suzanne Berner (Xerais, 2002)
  • ¡Bos días!, de Rotraut Suzanne Berner (Xerais, 2002)
  • ¿Onde está orelliñas?, de Rotraut Suzanne Berner (Xerais, 2002)
  • Orelliñas vai de compras, de Rotraut Suzanne Berner (Xerais, 2002)

>> Do castelán ao galego:

  • A filla do filósofo, de Elena Poniatowska (Galaxia, 2009. Traducción: VVAA)

 

>> Do galego ao castelán:

  • En peligro de extinción, autotradución (KNS Ediciones, 2014)